Skip to main content
Lugo

O PP pide o arranxo dunha ponte caída na parroquia de Rubiás

Por 13 Outubro, 2022Sin comentarios

Os concelleiros do Grupo Municipal do Partido Popular logo dunha visita a Rubiás fanse eco dunha reclamación dos veciños da parroquia que alertaron da caída dunha ponte “feito que coñecen no goberno local pero que semella non importarlles para nada, xa que nada fixeron por solucionar o problema”.

Os populares esixen o arranxo inmediato desta ponte xa que se trata dun camiño que era moi empregado polos veciños para chegar a zonas da parroquia e mesmo achegarse a partes da parroquia de Pedreda e agora teñen que empregar outras rutas que supoñen máis tempo e distancia.

Os populares estiveron neste puntos con varios dos veciños afectados e comprobaron como hai claros indicios de que esta pontella caeu hai tempo o que evidencia “que o goberno local de Lugo ten abandonados aos veciños do rural e está a calquera cousa que non sexa atender as súas demandas”.

Para os concelleiros populares “é unha mágoa que o goberno local deixase pasar o verán, momento ideal para arranxar esta infraestrutura xa que agora coa chegada das choivas serán máis complicados os traballos de reparación.