Skip to main content
Lugo

Os socialistas de Antas de Ulla poñen en valor o investimento do Goberno na Casa da Cultura

Por 29 Outubro, 2022Sin comentarios

Os socialistas de Antas de Ulla puxeron en valor o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez cos veciños e veciñas do municipio. Así o fixo a voceira socialista, Pilar García Porto, quen agradeceu a “pronta visita” que realizou o Delegado do Goberno en Galicia, Jose Miñones, para trasladarnos a concesión de máis de 816.000€ para a rehabilitación e acondicionamento da Casa da Cultura, un investimento “moi importante” que o Executivo outorgou a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

“É unha satisfacción enorme porque dende o Grupo Socialista pedimos en moitas ocasións o arranxo deste edificio e levamos traballado moito para conseguir estas obras, que permitirán recuperar esta importante infraestrutura
cultural para os colectivos e para os veciños e veciñas de Antas”, subliñou García Porto.

Así mesmo, a socialista agarda que a Xunta de Galicia “estea á altura e adquira. un compromiso similar para completar as dotacións da Casa da Cultura da noso concello. Nós xa temos un investimento concedido de 816.885 euros do
Goberno do Estado. Esperemos que o PP sexa responsable que execute esta obra con dilixencia”.