Skip to main content
Lugo

Xuventude lanza novas actividades para este outono

Por 30 Outubro, 2022Outubro 31st, 2022Sin comentarios

O Goberno de Lara Méndez, a través da concellería de Xuventude, dirixida por Mauricio Repetto, lanza para este outono actividades para impulsar entre a mocidade lucense hábitos de vida saudable vinculadas co deporte e unha boa alimentación, así como co uso responsable da moda.

“Tratamos con todas estas actividades darlle alternativas de ocio á xuventude de Lugo que sexan divertidas e que ao mesmo tempo lles axude a adquirir hábitos sans e sostibles, incluso desde un punto de vista medioambiental, de acordo o modelo de cidade no que estamos a traballar”, sostivo o concelleiro.

As actividades desenvolveranse na Casa da Xuventude e as persoas interesadas poderán inscribirse neste formulario.

Dentro destas actividades podemos atopar un obradoiro de moda circular, que busca ensinar á mocidade a darlle unha nova vida ás prendas de roupa que xa non utilizan.

O Concello tamén ofrece unha gran variedade de opcións deportivas dende clases de zumba, ioga ou escalda ata a posibilidade de facer rutas de senderismo e rutas de E-Bike.

Dende o concello tamén se ofertan outro tipo de actividades como charlas de nutrición, lasser tag ou un obradoiro de percusión.