Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

Friol acolle o día 12 a I Poxa de Gando Frisón

Por 27 Outubro, 2022Outubro 28th, 2022Sin comentarios

O Concello de Friol celebrará no próximo mes de novembro a primeira edición da poxa de gando vacún de leite.

O transcurso da poxa terá lugar o sábado 12 de novembro pola mañá, a partir das 12:00 horas, no mercado municipal, que en esta primeira edición está organizada por Africor (Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos) en colaboración co Concello de Friol. Será Africor Lugo quen se encargue da selección dos animais, as probas sanitarias, pelado dos animais, coidado dos mesmos durante a feira e realizar a poxa.

Neste tipo de poxas poden ofertar os seus animais os socios de Africor Lugo, xa sexan próximas ao parto ou paridas.

A presentación do cartel da poxa tivo lugar na mañá de este mércores, contando coa presencia do alcalde de Friol, José Ángel Santos, o presidente de Africor Lugo, Manuel Sandamil, e outros representantes do equipo de goberno e da asociación.

Con esta actividade o Concello pretende seguir apoiando o sector primario do municipio, e tamén que sirva de reclamo para que a xente visite Friol, e para todos os interesados en participar en este tipo de compra-venta de gando. 

A organización, así como os costes de este evento, son sufragados con fondos propios do Concello, pois como comenta José A. Santos, alcalde de Friol: “o sector primario é unha parte fundamental e moi importante do noso municipio, polo que todas as actividades que poidan ser dedicadas a este sector, e ao vacún de leite, en este caso, parécenos unha boa maneira de seguir apoiando e impulsando o sector gandeiro en particular e o rural en xeral, imprescindibles en Friol”.

Hai previsión de que asista un gran número de participantes, tanto para a venta de gando, como compradores, e tamén persoas do sector que aproveitarán a xornada para xuntarse con outros gandeiros e ver como está o mercado.