Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

O Fogar de Maeloc da Pastoriza festexa os tres anos cunha sesión vermú

Por 8 Outubro, 2022Outubro 9th, 2022Sin comentarios

O Habitat Cultural Fogar de Maeloc, o espazo cultural da Pastoriza situado na casa da cultura, cumpre tres anos de vida, desde as súas orixes no 2019 dende o coworking de Mondoñedo, onde comezaron a darlle forma a idea.

Debido a que a maior parte deste tempo o centro cultural pasou pola pandemia non puido celebrar os dous primeiros aniversario.

Para este terceiro ano de funcionamento o lugar ten prevista unha festa cunha sesión vermú para o domingo 9 de outubro con música en directo e propostas culinarias con producto local e de templada.

Así, as 13.00 estará Orillas, un repertorio aberto entre a música e a oralidade e ás 14.00 horas Konstantinos fará blues do país.