Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

As Pontes acolle un curso de iniciación ao golf este mes

Por 10 Outubro, 2022Decembro 6th, 2022Sin comentarios

A localidade das Pontes acollerá este mes a terceira edición do Curso de Iniciación ao Golf, que se desenvolverá no lago dirixida a nenos de máis de sete anos e adultos.

As sesións terán lugar os días os domingos 16 e 30 de outubro, ademais do 13 e 27 de novembro en horario de 11.00 a 14.00 horas.

As persoas interesadas en participar deberá inscribirse con anterioridade no teléfono 627 53 60 59 ou no email golfriogrande@gmail.com.

Os participantes recibirán de agasallo pola súa inscrición, que ten un prezo de 20 euros, unha luva.

O curso desenvolverase nun lugar acotado para tal fin na zona do lago e nel os asistententes aprenderán os fundamentos das regras do xogo o o saque dende o búnker.

Ao rematar esta pequena formación, os participantes poderán descrutar dunha partida no campo de club Río Grande, organizador deste evento.