Skip to main content
As Pontes

As Pontes conmemora este xoves o Día do Cine Español

Por 5 Outubro, 2022Outubro 18th, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes únese, por segundo ano consecutivo, á conmemoración do Día do Cine Español, unha data instaurada polo Consello de Ministros en marzo de 2021 e que rememora a data oficial do final da  produción do filme Esa pareja feliz (1953), escrita e dirixida por Antonio Bardem e Luís García Berlanga.

O obxectivo é recoñecer o papel das e dos cineastas e a súa influencia e importancia na vida cultural e social do noso país, así como o valor patrimonial do noso cine e a súa trascendencia decisiva na creación da nosa identidade e imaxinario común.

O Concello das Pontes súmase a este recoñecemento coa proxección, o xoves, 6 de outubro, ás 21:00 horas, na Casa Dopeso, do filme Verano 1993, de Carla Simón baseado nun guión da propia directora no que narra a súa infancia.

Galardoada ópera prima que xa auguraba o éxito da cineasta ganadora do Oso de Oro da Berlinale con Alcarrás.