Skip to main content
As Pontes

As Pontes acolle a primeira asemblea familiar da empresa Hijos de Rivera

Por 4 Outubro, 2022Outubro 18th, 2022Sin comentarios

O auditorio municipal Cine Alovi acolleu a celebración da primeira asamblea familiar da empresa Hijos de Rivera S.l, empresa galega, do sector da alimentación, coñecida por ser a creadora da cerveza Estrella Galicia.

Valentín González Formoso, alcalde das Pontes participou no acto de inauguración deste encontro, que contou coa participación de 70 persoas integrantes da familia Rivera, amosando o orgullo que para As Pontes supón albergar esta primeira asamblea familiar “no lugar no que está a orixe da familia Rivera e no que aínda residen 276 persoas vinculadas á familia”

Durante a súa intervencióno rexedor local fixo un percorrido pola pasado industrial e económico das Pontes, ligado á Avenida de Galicia e á Avenida de Lugo, lembrando a ponteses como Sergio Rivera Chao, aos irmáns Tojeiro, ou á familia Severiano ata chegar ao Chamoselo e á figura de José María Rivera Penabad, creador de Estrella Galicia, para remarcar o carácter industrial da vila.

“No presente actual seguimos sendo o maior complexo eléctrico do estado e por diversificación tecnolóxica de Europa, producindo enerxía con vento, con auga, con biomasa, con gas e con carbón. Pensamos no futuro con proxectos sobre a mesa, por valor de 1.300 millóns de euros, cunha planta de hidróxeno e unha gran central de bombeo reversible que nos permitirá incorporarnos ao gran reto da enerxía que é o almacenamento enerxético”, subliño o rexedor localidade para a continuación facer un percorrido por todos os sectores industriais que conforman a economía da vila, desde o sector do papel ata o sector metalúrxico pasanado pola producción alimentaria.

“Este é o As Pontes que o voso predecesor non coñeceu, unha sociedade completamente industrial. Encantaríame que nesta primeira asamblea familiar, que hoxe celebrades nas Pontes, se plantase a semente para que, algún día, unha instalación de Estrella Galicia, formase parte do ecosistema industrial do municipio”.