Skip to main content
Barreiros

Adxudicadas as obras para renovar tres estradas provinciais en Barreiros

Por 5 Novembro, 2022Novembro 6th, 2022Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo adxudicou as obras para renovar tres estradas provinciais no concello de Barreiros. Son a LU-P-0605 e a LU-P-0606, que parten as dúas da Nacional 634 e que conectan coa Casa de Otero e con Pedregás, respectivamente; e a LU-P-0607, que vai de Benquerencia ata a praia de Fontela. Así o anunciou a voceira socialista do Goberno provincial, Pilar García Porto.

Concretamente, García Porto deu conta das melloras que se realizarán cun investimento conxunto de 150.000€ no inicio da vía da LU-P-0605, nun treito de 1,2 quilómetros; no tramo que vai desde o punto quilométrico 0,473 ó 0,707 da LU-P-0606; e nos primeiros 2 quilómetros da LU-P-0607. A adxudicataria dos traballos é a empresa Construcciones Isidro Otero, SL e o prazo de execución é de 2 meses.

“Estas obras son moi importantes para a parroquia de Benquerencia, pero tamén para a mobilidade do concello de Barreiros”, destacou a voceira provincial, que apuntou que as tres estradas son moi empregadas pola veciñanza e que son “froito do compromiso que temos na Deputación de Lugo coa mobilidade. Un compromiso que queda moi ben reflexado se nos fixamos no esforzo inversor que levamos feito, por exemplo, na comarca da Mariña en infraestruturas viarias, e que ascende a preto de 23M€, só no que vai deste mandato”.