Skip to main content
Barreiros

O Concello de Barreiros necesita un oficial do servizo de augas

Por 23 Novembro, 2022Sin comentarios

Vén de publicarse estes días no Boletín Oficial del Estado – BOE unha resolución que inicia o proceso de selección de funcionario de carreira, mediante concurso-oposición, quenda libre, dunha praza de oficial do servizo de augas municipal do cadro de persoal do Concello de Barreiros.

O prazo para presentar as solicitudes xa se atopa aberto e finaliza o 13 de decembro.

As instancias poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Barreiros, Rúa Vila nº 63, 27790, San Cosme. Tamén poderán presentarse a través da sede electrónica municipal (barreiros.sedelectronica.es) e tamén se poderán remitir na forma determinada no artigo 16.4 da Lei 39/2015 segundo o establecido nas bases.

Toda a documentación e información referente ao proceso está dispoñible na web municipal www.concellodebarreiros.gal, apartado de servizos->emprego así coma no taboleiro de anuncios do Concello de Barreiros (físico e sede electrónica).

Tamén está dispoñible a través da seguinte ligazón.