Skip to main content
Ourol

Ourol prepara un amplo programa de actividades con motivo do 25N

Por 9 Novembro, 2022Sin comentarios

Dende o Concello de Ourol e con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, preparase un amplo programa de actividades para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero.

O venres 24 será o concerto de Pakolas ás 18.30 no edificio multiusos. Esta actuación musical está dirixida a público infantil e as súas familias e Pakolas interpretará en directo unha selección dos seus propios temas, nos que as protagonistas son as mulleres: nenas, nais, inventoras, heroínas, doutoras, figuras femininas que tratan de poñer en valor a importancia de vivir en igualdade, de historias contadoras de superación de desigualdades, e de loita polo respecto e a liberdade.

O propio 25N farase a IV Andaina contra a violencia de xénero ás 12.15 horas polo paseo dá Rega. Esta andaina ten como obxectivo amosar a  repulsa contra calquer acto de violencia machista e en apoio ás vitimas desta violencia.

O seguinte día, o sábado 26, poderase desfrutar dunha sesión de autocine. Nesta ocasión será a proxección do filme de Ignacio Vilar que leva por título Vilamor, e servirá como un medio de transmisión de valores esencias nun modelo de sociedade que promova a igualdade entre mulleres e homes.

Vilamor está inspirada nos feitos reais acaecidos nos anos 70 na montaña lucense; onde se instaura unha comuna como modelo alternativo que defende efectivamente valores como o respecto, a paz, a liberdade e a igualdade entre os sexos, todos eles valores fundamentais nos que non ten cabida a superioridade dun sexo sobre o outro e ningún tipo de violencia basado nesta desigualdade.

Por outra banda, no paseo dá Rega a partir do día 10 de novembro, haberá unha actividade realizada en colaboración coa Asociación de Mulleres pola Igualdade BUMEI.

Nesta pintarase un banco de cor violeta cun lema común entre concellos participantes nesta iniciativa que ten como obxectivo mostrar a unión de forzas na repulsa da violencia de xénero e en memoria das vítimas deste tipo de violencias.