Skip to main content
Xove

Xove abre un ano máis o prazo para solicitar árbores froiteiras, forestais e plantas ornamentais

Por 6 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Xove abre un ano máis  o prazo para solicitar árbores froiteiras, árbores forestais autóctonas e plantas ornamentais.

O prazo para solicitar árbores e plantas de xardín está aberto dende o 7 de novembro e ata o 30 de decembro, ambos inclusive, e en horario de oficina no Departamento de Agricultura.

Xove, como Concello con moita superficie a solo forestal, ten unha afectación maior que outros  Concellos e, por este motivo, amparándonos na Lei 7/2012 de Montes e a Lei 3/2007de Prevención e Defensa contra os incendios forestais de Galicia para que o risco no caso de lumes sexa mínimo e se atopen máis protexidas as vivendas e os núcleos rurais, moitas parcelas se ven afectadas. Deste xeito damos a oportunidade a todo propietario que teña que cortar poida solicitar árbores autóctonas para repoboar de xeito ecónomico e cercano.

A importancia de plantar árbores autóctonas ven dada porque unha vez retiradas as especies prohibidas nesas faixas de protección, que deberán estar limpas, acónsellase repoboar estas especies (castiñeiros, carballos do país, cerdeiras, nogueiras…) de xeito que se diversifica o habitat, se beneficia a fauna e se xenera estabilidade ao ecosistema.