Skip to main content
Xove

Xove prepara varios actos para o 25N

Por 10 Novembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Xove ten preparados varios actos para conmemorar o 25N, así, darán comezo o día 11 de novembro co Festival Cine de Mulleres.

A aula de formación acollerá a iniciativa e poderase desfrutar de dúas películas. A primeira o venres 11 de novembro ás 19.30 horas a película Julia e o sábado 12 El Secreto de las abejas. Acto seguido haberá un coloquio nun formato de cineforum co Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Xa o día anterior ao 25N e na Casa do Director pintarase un banco de cor violeta ás 12.30 horas e ademais farase a lectura do manifesto.