Skip to main content
Axenda CaducadaDeportes AMARIÑAXAXove

Xa hai data para o Xove Costa Trail 2023

Por 8 Novembro, 2022Sin comentarios

A organización do Xove Costa Trail comunicou a nova data para a celebración do vindeiro trail 2023 e que será os días 6 e 7 de maio.

O Xove Costa Trail é unha carreira de montaña, que transcorre na súa maioría do percorrido, pola Senda Costeira de Xove e polo Camiño Natural do Cantábrico, o seu paso pola costa do Concello, dende a Praia de Portonovo, nos limites co Concello de Viveiro, ata a Praia de Morás, para logo adentrarse hacia a parte interior do Concello de Xove por sendeiros e pistas forestais de uso público. A carreira XCT 35 Km , ten un desnivel + acumulado de 1300 mtos aprox. e a carreira XCT 18Km , terá un desnivel + acumulado de 700 mtos aproximadamente.