Skip to main content
Axenda CaducadaTrabada

Trabada acolle un obradoiro para mulleres sobre dinámicas e relaxación

Por 22 Novembro, 2022Novembro 23rd, 2022Sin comentarios

O Concello de Trabada organiza o obradoiro para mulleres A arte de coidarse. Dinámicas de movemento consciente e relaxación guiada.

Será este venres, 25 de novembro, de 16.00 a 17.30 horas na casa da cultura de Trabada. E contará con Ana Rodríguez Ferreño, profesora de ioga dinámico e técnicas de relaxación.

Para anotarse haberá que facelo chamando ao teléfono 982 135 011 antes do 24 de novembro.