Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

A XX Exposición de Cogomelos terá lugar este domingo

Por 2 Novembro, 2022Novembro 6th, 2022Sin comentarios

A concelleira de Cultura, Turismo  Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, acompañada por Julián Alonso, da Sociedade Micolóxica Lucus presentaron a XX Exposición de Cogomelos. A mostra terá lugar no Colexio Rosalía de Castro durante este domingo, 6 de novembro, en horario de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.30, e será de entrada gratuíta.

Maite Ferreiro destacou que “o traballo que están facendo dende a Sociedade Micolóxica non só na labor divulgativa senón tamén con numerosas actividades que organizan para achegarnos  e dar a coñecer a toda a veciñanza o mundo da micoloxía”.

Na exposición cada exemplar está acompañado por unha ficha técnica da especie en cuestión onde se indican datos como o seu hábitat, se é comestible ou non, ou a súa toxicidade.

A Exposición de Cogomelos complementarase cunha exposición de traballos infantís sobre o mundo dos cogomelos, con outra exposición de paneis informativos sobre os distintos hábitats micolóxicos e os asistentes poderán ademáis contemplar unha presentación audiovisual informativa sobre micoloxía. Á entrada facilitaráselles un díptico informativo sobre a propia exposición e diversos consellos para a correcta recolla de cogomelos.

As e os integrantes da Sociedade Micolóxica Lucus atenderán durante toda a xornada ás preguntas e dúbidas da veciñanza que se achegue ao evento, co obxectivo de impartir unha axeitada formación micolóxica e á vez previr intoxicacións por cogomelos.