Skip to main content
Lugo

O CD Lugo cesa a Hernán Pérez como adestrador

Por 22 Novembro, 2022Sin comentarios

O Club Deportivo Lugo cesa o adestrador Hernán Pérez tras a derrota contra o Andorra este domingo por catro goles a cero. O Consello de Administración reuniuse nunha sesión extraordinaria na que determina o cese de Hernán Pérez como adestrador do primeiro equipo xunto o seu corpo técnico formado por Clemente Sánchez e Adriá Díaz.

Dende o CD Lugo queren  “agradecer a Hernán Pérez o seu traballo, implicación, profesionalidade e disposición intachables durante o tempo no que formou parte do noso club. Da mesma maneira, deséxanselle os maiores éxitos persoais e profesionais no futuro”.