Skip to main content
Lugo

O BNG continúa a traballar pola creación do xulgado de violencia de xénero de Lugo

Por 24 Novembro, 2022Sin comentarios

As mulleres do Bloque Nacionalista Galego na comarca de Lugo celebraron unha acción reivindicativa diante dos xulgados de Lugo para que o Goberno do Estado cumpra os acordos de creación dunha sala específica en materia de violencia de xénero.

Este acto súmase ao traballo que o BNG leva desenvolto, tanto na mobilización social como no traballo institucional, polo establecemento en Lugo deste xulgado, fundamental para loitar contra a violencia machista.

A organización propón un sistema comarcalizado deste servizo xudicial, no que se acollan todos os casos que se produzan en Lugo, facendo posible unha atención próxima ás vítimas e reducir a perturbación que o proceso xudicial implica. Ademais de ser atendias por profesionais cualificados na materia.

Maite Ferreiro, viceresponsable comarcal do BNG en Lugo, declarou “seguimos a traballar para que se instaure en Lugo un xulgado específico en violencia de xénero, esta reclamación histórica é mais necesaria que nunca para loitar contra a lacra machista na sociedade”

De igual , Ferreiro salientou que o BNG seguirá a promover iniciativas a través do deputado nacionalista no Congreso, Néstor Rego, para conquerir este xulgado “o BNG continuará vixiante en Madrid para que se cumpra o acordo de creación do xulgado; é unha obriga que Lugo conte con el canto antes”