Skip to main content
Lugo

Maximus, a mascota do Breogán, acenderá o vindeiro venres as luces do nadal

Por 26 Novembro, 2022Sin comentarios

Lugo contará nesta campaña de Nadal con 349 decoracións e 12 árbores distribuídas por toda a cidade.

Visita das Tanxugueiras ao Pazo dos Deportes, marzo de 2022

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que Maximus, a mascota do Breogán, será a responsábel de acender as luces de Nadal do Concello de Lugo. O alumeado de Nadal permanecerá en funcionamento ata o 8 de xaneiro de 2022, en horario de 18:00 a 00:30 horas durante a semana, e de 18:00 a 03:00 as fins de semana e vésperas de festivos.

Este ano colocaranse nas distintas rúas e prazas un total de 189 arcos luminosos e 30 elementos ornamentais. Ademais, decoraranse 100 farolas. Entre os elementos ornamentais, destacan a instalación dunha figura en 3D na praza de Santo Domingo, preto da Praza de Abastos, que contará como mínimo con 2.600 puntos de luz e a decoración de varias rotondas da cidade con árbores de 8 metros de altura e 1.900 puntos de luz. Noutras prazas, instalaranse outros motivos en 3D cun mínimo  de 2.000 puntos de luz ou árbores de 3 metros de altura e 12.000 puntos de luz.

O percorrido do Camiño Primitivo recibirá unha decoración especial e as letras Lugo Km 100 colocadas na praza do Camiño Primitivo serán decoradas con luces. A árbore da praza Maior, fronte ao Concello, terá un mínimo de 20 metros de altura e estará ubicada sobre unha plataforma de 8×8 metros, contará cun mínimo de 3 figuras para poder utilizalo como photocall e 15.000 puntos de luz.