Skip to main content
Monforte

O alcalde de Monforte inaugura novo céspede no campo de fútbol da Pinguela

Por 7 Novembro, 2022Novembro 8th, 2022Sin comentarios

O alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, acompañado pola 1ª tenente de alcalde, Gloria Prada, e os concelleiros de Deportes e Servizos, José Manuel Mougán e José Luis Losada, ademais do presidente do Club Lemos, Óscar Manuel López, inaugurou o novo céspede do Campo municipal de fútbol de A Pinguela, logo de que remataran a obras de renovación do terreo de xogo.

O rexedor monfortino recordou que “esta foi a primeira actuación deste tipo que se acometeu no Campo da Pinguela dende a súa inauguración no ano 1999, e grazas a ela dende o Equipo de Goberno vimos de mellorar significativamente estas instalacións e os servizos que nelas ofertamos”.

A obra consistiu na renovación total do terreo de xogo do campo,  para o cal retirouse a cuberta vexetal de toda a superficie de céspede, e posteriormente realizouse un sementado en toda a área de xogo.

Este proxecto de mellora enmárcase dentro das actuacións en instalacións deportivas do Concello que está levando o Equipo de Goberno, e que inclúe o campo dos PP Escolapios así como o Campo Municipal de Fútbol Luís Bodegas.

A empresa que levou a cabo a obra de mellora no Campo municipal da Pinguela foi Calfensa Proyectos SL e o Concello destinou un orzamento de 48.309,25 euros.

Logo do acto inaugural, no que tamén tivo lugar a actuación do grupo monfortino Batukada Creativa, disputouse o partido entre o Club Lemos e a Sarriana, o encargado de estrear o novo céspede.

Entre as actuacións que se levaron a cabo tivo lugar a desmontaxe das porterias para a posterior colocación, a desmontaxe do sistema de rego para a súa posterior colocación, a retirada da cuberta vexetal do terreo a unha profundidade de 3,5 – 4 cm, a preparación, laboreo, compactación e nivelación superficial do terreo, o aboado de fondo e de cobertura, un tratamento necesario con produtos fitosanitarios e o replanteo e pintado das liñas do terreo de xogo.