Skip to main content
Axenda SARRIAXASarria

Este domingo chega a Sarria a obra teatral Os Veciños do Lado

Por 23 Novembro, 2022Novembro 25th, 2022Sin comentarios

Dentro do Circuíto Galego de Teatro amador 2022, a vila de Sarria acollerá este sábado a representación da obra teatral Os Veciños do Lado, da compañía Fauna 113.

A obra de teatro terá lugar o día 27 de novembro ás 19.30 horas na Casa da Cultura de Sarria e ten unha duración de 60 minutos.

Sinopse

María e Pedro son unha parella convencional que recibe a visita dos seus novos veciños: Rosa e Ignacio. O que en principio parece unha cena de cortesía entre descoñecidos deparará un encontro disparatado de dobres intencións e segredos inconfesables, ou é que acaso non todos temos algo que ocultar?

A compañía Fauna 113 presenta a súa nova comedia, unha historia hilarante e fresca coa que busca darlle unha volta de parafuso ao xénero co seu selo propio.

A compañía viguesa de teatro afeccionado está dirixida por Marcos Alonso e Fernanda Barrio, responsables da sala Ártika de Vigo, e está integrada por xente de ámbitos moi distintos, aínda que todos cun poderoso vínculo en común: a súa paixón polo teatro.