Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

A parroquia de Vián celebra as súas festas cunha cea

Por 18 Novembro, 2022Sin comentarios

A localidade pastoricense de Vián celebra este sábado, 19 de novembro, as súas festas na honra á Virxe da O. Estas consistirán nunha cea veciñan a partir das 22.00 horas, que se prolongará a partir da medianoite cun baile amenziado polo grupo Epo-K.

Este mesmo grupo será o encargado o domingo da sesión vermú que terá lugar unha vez rematada a misa e que porá fin ás celebracións.