Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

Mulleres Rurais da Pastoriza organiza unha excursión á Coruña

Por 25 Novembro, 2022Sin comentarios

A Asociación de Mulleres Rurais da Pastoriza convoca unha viaxe cultural á Coruña que se desenvolverá o domingo 4 de decembro con visita ao Museo Domus pola mañá e ao Aquarium Finisterre pola tarde.

A saída da excursión será ás 8.15 horas da praza do Concello e o regreso está previsto para as 20.00 horas.

O prezo da excursión é de 20 euros para os socios e de 30 para os non socios cun prazo para anotarse que remata hoxe, 25 de novembro. Inclúese na tarifa o almozo, xantar, bus e as entras aos museos.

Os interesados en anotarse poden facelo nos teléfonos 630 321 655 (Sonia) e 659 032 194 (Sandra).