Skip to main content
CervoCultura AMARIÑAXADeportes AMARIÑAXA

Patricia Calvo: “Traballamos duro e fomentamos os valores que ten o deporte”

Por 18 Decembro, 2022Decembro 18th, 2023Sin comentarios
Por Ana Somoza López.

Patricia Calvo é a presidenta do novo club de atletismo de Cervo.

Patricia Calvo Beltrán é a a presidenta do novo e recente club de atletismo de Cervo.

Como e por que naceu o club?

O club naceu da colaboración entre as escolas deportivas de Lourenzá e o Concello de Cervo. Levabamos un ano traballando desde o Madeiras Barcia Lourenzá cun grupo en Cervo, pero este foi crecendo e decidimos crear un propio con sede no municipio.

Quen se atopa na directiva?

Na directiva contamos con Roberto González, Juan Méndez, Jesús Baltar e Rubén García como tesoureiro e secretario respectivamente.

Como afrontan esta nova tempada?

A tempada comeza co cross escolar, que actualmente estamos a preparar cos nosos atletas, e o 11 de decembro acudiremos con varias categorías ao Campionato Galego por equipos en pista cuberta onde cada neno deberá competir nunha disciplina. De momento estamos centrados nestas probas.

Con cantos equipos contan ou queren contar?

 

Traballamos con todas as idades, desde benxamín ata veterano.

Cales son os requisitos para formar parte?

Querer practicar este deporte de maneira saudable. E o noso obxectivo é fomentar o atletismo entre os nenos, pero ademais contamos un grupo de adultos aberto a futuras incorporacións.

Cando é como son os adestramentos?

Os nosos adestramentos son os martes e xoves de 16.15 a 17.15 horas.

Contan con instalacións suficientes para adestrar e competir?

Actualmente adestramos nas pistas de San Cibrao, que serán remodeladas proximamente. Mentres tanto, para a práctica de salto de altura e lonxitude estamos a convocar aos atletas a diversos adestramentos en Lourenzá, así como peso e pelota, disciplinas onde temos alí un adestrador especialista.

Teñen algunha necesidade?

Polo momento non, aínda que gustaríanos poder adestrar axiña sobre o tartán.

Que proxectos teñen de cara ao futuro?

Como dixen antes as nosas vindeiras metas son o cross escolar, o galego por equipos e, para o 2023, os campionatos galegos e provinciais ao aire libre.

Como veremos ao club dentro dalgúns anos?

Esperamos velo como estamos agora, traballando duro e tratando de fomentar e transmitir os valores do deporte. E inculcalos dende cativos. Iso é o máis importante.

Algún consello para aqueles que queiran comezar no mundo do atletismo?

Todo aquel que queira probar este deporte pode poñerse en contacto con nós no teléfono 686 586 000.