Skip to main content
Deportes AMARIÑAXAXove

O club de Bolos Xove celebrou a décima tirada no centro social de Lago

Por 23 Decembro, 2022Sin comentarios

O club de Bolos Xove celebrou a décima tirada de bolos no centro social de Lago onde participaron 29 xogadores nunha tarde agradable e cun campo en perfectas condicións.

Na Liga Sénior Masculina o líder continúa cun xogo moi sólido e regular; coa súa victoria apuntala un pouco máis o liderato er xa ten unha estimable renda de 18 puntos sobre Javier Alonso.  Javier, que comezou moi forte e depois tivo un pequeño baixón, pese a súa xuventude está aguantando moi ben a presión e mantén o tipo,  pese a perder algún punto con respecto a Miguel. Pero Javier Alonso, ademáis de mirar para arriba, ten que mirar para abaixo e ahí está Arturo Vigo a  só 14 puntos. Resumindo, os tres primeiros están afianzados nas súas posicións pero deberán manter o nivel nas próximas tiradas paa evitarse disgustos.

Por detrás un nutrido grupo de xogadores con máis de 30 puntos e inda con posibilidades de acceder aos postos de cabeza, pero van ter que mellorar moito; Rafael González, Daniel alonso e Jordi Meitín teñen o terceiro posto relativamente accesible e inda teñen posibilidades porque quedan 8 tiradas, todas a celebrar de xaneiro a marzo do vindeiro ano.

Na Sénior Feminina queda por ver en que xornada Julia  López se proclama campiona. Se miramos o resto da táboa, Belén Meitín vai moi ben encamiñada ao subcampeonato, e deberá manter o seu nivel nas vindeiras tiradas. Para o terceiro posto temos a veterana Salomé Bermudez, acechada por Concepción Piñeiro, separadas por só 4 puntos. Carmen Roca con 15 puntos e Paula Campo con 12 inda teñen as súas opcións para asaltar a 3ª  posición de Salomé Bermúdez.

No tocante á Liga sub 16, a victoria de Naia Cancelos e a ausencia do seu irmán Jordi, fai que neste momento estén empatados a puntos na táboa xeral. A segunda posición na tirada do xovencísimo David Vigo aúpao á terceira posición da táboa con 19 puntosd, en detrimento de Christian Cociña (14 puntos).

A vindeira tirada de bolos será para o sábado 14 de xaneiro na boleira do Club de Palmeiro.