Skip to main content
Burela

Concerto de Nadal da Escola de Música de Burela

Por 18 Decembro, 2022Sin comentarios

Este mércores 21 de decembro a Escola de Música de Burela ofrecerá un tradicional concerto de Nadal. Será ás 20.00 horas na Casa de Cultura.

A Escola Municipal de Música de Burela nace no ano 1997 por iniciativa municipal co fin de dotar a Burela, dunha actividade cultural ao redor da música da que carecía.

A filosofía desta escola consiste en poder socializar aos alumnos a través das diferentes agrupacións existentes, ao mesmo tempo que se forman na súa propia disciplina instrumental e tamén naquelas materias complementarias importantes para a formación musical que figuran no currículo académico do noso centro.

Nesta escola de música na actualidade imparten clase 12 mestres de distintas disciplinas instrumentais e temos preto de 120 alumnos.

A idade para comezar no  centro é dende os catro anos en diante, tendo tamén unha importante aula de formación para adultos e unha agrupación coral.

Entre as disciplinas instrumentais podemos contar con vento madeira, vento metal, corda fretada, piano, guitarra, percusión e canto.

Habitualmente todos os meses de xullo organizamos un taller dunha semana de duración para todos aqueles veciños e veciñas que queiran participar de xeito lúdico e gratuíto.