Skip to main content
Burela

ACIA Burela sorteará tres viaxes na campaña de Nadal

Por 12 Decembro, 2022Sin comentarios

A Asociación de Comerciantes, Industria e  Autónomos de Burela presenta a campaña Volve a Maxia do Nadal con ACIA Burela na  que se sortearán tres viaxes: unha delas a Disneyland París (para tres persoas) e outras  dúas a destinos sorpresa de proximidade (para dúas persoas).  

Para participar nesta iniciativa de Nadal só é necesario mercar no comercio locais de  Burela participantes ata o vindeiro 5 de xaneiro de 2023. Con estas compras  repartiranse: por unha banda, unhas rifas numeradas para o sorteo da viaxe a Disneyland  que se fará de maneira presencial na tarde do 5 de xaneiro na praza da Mariña; pola outra  banda, uns boletos nos que a clientela deberá cubrir con nome e teléfono para as viaxes  de proximidade, neste caso non é preciso estar presencialmente no sorteo.  

O obxectivo principal da campaña é promover  e impulsar as vendas nos establecementos locais da vila durante a época de Nadal porque  nas tendas de Burela podes atopar todo o preciso para agasallar e os produtos da mellor  calidade.  

A maiores, durante os días de Nadal haberá actuacións e actividades para todos os  públicos e facer así destas xornadas un pouco máis especiais e máxicas. De feito, cabe  mencionar a colaboración do artista local Martín Lestao coa asociación.  

Ademais, este ano serán 6 praciñas decoradas na vila, unha máis que no 2021, que se  instalou na Igrexa da Vila do Medio. As outras prazas están: na Rúa do Río, A Moncloa,  O Campón, na Praza do Mariñeiro e no Parque Rosalía de Castro. Como xa é tradición, a Árbore de Nadal instalada na Praza do Concello é unha cesión da asociación de  comerciante ao Concello de Burela.