Skip to main content
Cervo

Cervo escolleu aos gañadores do concurso de postais de Nadal

Por 13 Decembro, 2022Sin comentarios

A pirmeira imaxe é a de Gael Pita de 3 anos, a segunda é de Martina López de 6 anos, e o trineo de Papá Noel é de Claudia López de 11 anos. A postal escollida para a felicitación institucional é a dos camellos de Iria Baltar.

O Concello de Cervo fixo público o fallo do xurado no concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio.

Neñ establecéuse  un premio por cada modalidade; de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos. Así, na categoría de 3-5 anos o gañador foi Gael Pita de 3 anos, na categoría de 6-9 anos foi Martina López de 6 anos, e na categoría de 10-12 anos a premiada foi Claudia López de 11 anos.

Entre as postais finalistas, o xurado elexiu unha para ser a protagonista das felicitacións de Nadal do Concello e a finalista foi a de Iria Baltar de 9 anos.