Skip to main content
Becerreá

O Centro Social de Becerreá acolle varias actividades de Nadal

Por 20 Decembro, 2022Sin comentarios

Para estas festas de Nadal o Centro Social de Becerreá acolle diferentes actividades que dan comezo o 23 de decembro cun obradoiro de debuxo do Apalpador que terá lugar dende ás 10.00 ata as 14.00.

As inscricións realizaranse a través do correo anpaceipbecerrea@gmail.com e a exposición dos traballos terá lugar o día da visita do Apalpador.

Ese mesmo día 23 pola noite terá lugar unha festa de Nadal que dará comezo ás 19.00 cun bingo, para continuar ás 20.00 con pinchos e rematar ás 21.00 cun guateque.

Os días 28,29 2 30 de decembro será o campamento de Nadal organizado dentro das actividades da Reserva da Biosfera.

Está destinado a nenos e nenas de 3 a 12 anos e contará cun horario de 10.00 a 14.00. Para realizar a inscrición no centro social ou a través do teléfono 982 360 704.