Skip to main content
Lugo

Os irmáns Quintela pechan o ciclo ‘Luz ao deporte’

Por 15 Decembro, 2022Sin comentarios

Os irmáns Sergi e Erik Quintela, dous referentes do baloncesto lucense, relataron as súas vivencias a alumnado de Secundaria de Lugo dentro do ciclo de charlas Luz ao deporte, impulsado pola Xunta de Galicia en colaboración coa Fundación Breogán e Abanca.

Os xogadores breoganistas protagonizaron o último encontro do programa, no que participaron desde setembro deportistas e exdeportistas de primeiro nivel que achegaron as súas experiencias profesionais e vitais a máis de 1.200 alumnos e alumnas de ESO e BAC dos IES Leiras Pulpeiro, Ánxel Fole, Sanxillao e Muralla Romana, na cidade de Lugo.

Previamente pasaron pola Delegación Territorial da Xunta para falar ante os mozos e mozas o ex-xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta, quen abordou o problema do acoso escolar; o atleta da Pontenova Tito Margaride, un exemplo de superación; e a judoka Sara Álvarez, quen explicou a súa experiencia nun deporte individual e minoritario no que acadou os maiores trunfos pese a que en varias ocasións sufriu graves lesións.