Skip to main content
Lugo

O mercado municipal de Nadal abrirá ata o 5 de xaneiro

Por 30 Decembro, 2022Sin comentarios

O mercado municipal Nadalmente Lucense abrirá ata o 5 de xaneiro debido ao éxito de afluencia que tivo durante o mes de decembro, polo que se optou por alargar a estancia das casetas ata o día de Reis para facilitar á venda aos comerciantes dos distintos barrios alí instalado e incentivar á compra de proximidade.

“É o primeiro ano que celebramos o evento na cidade, e os datos confirman que a decisión foi acertada, polo que non só terá continuidade ata xaneiro senón que se volverá a instalar o vindeiro ano”, comentou a alcaldesa, e lembrou que o obxectivo foi “visibilizar aos negocios dos barrios na zona máis céntrica da cidade, impulsar as vendas de Nadal nos comercios de proximidade e encher de animación o centro histórico, especialmente pensando nos máis pequenos da casa”.

A rexedora agradeceu a implicación dos comerciantes que participaron no mercado e a da veciñanza que se achegou ata el “nun balance que non pode ser máis positivo”. O horario de apertura e atención ao público das casetas será de 11.00 a 14.30h e de 16.30h ás 21.00h.

O mercadiño disporá de actividades de animación e entretenemento, pensadas para todas as idades, pero especialmente para os nenos e nenas, incluíndo maxia con Roberto Lolo; contacontos coa Elfa de Nadal, Ángela Goás e o paxe real Caxoto, ou espectáculos diversos, que manterán o espírito de Nadal da man da Escola Star Dance, da Academia de baile Victoria Gil Danza e de Escena. Tamén permanecerá aberto o Osasis do emisario Real Ben-Alí.