Skip to main content
As PontesDeportes TERRACHÁXA

O CD As Pontes aproveitará o Nadal para substituír a Rafa Casanova á fronte do banco

Por 21 Decembro, 2022Sin comentarios

O CD As Pontes anunciou a non continuidade de Rafa Casanova como adestrador do primeiro equipo. Desde o club pontés comunican que “tras unha serie de resultados negativos, o club tomou a decisión de buscar no banco un revulsivo para tentar endereitar a situación deportiva actual».

O equipo de Preferente chega á pausa do Nadal cun balance de 3 vitorias, 6 empates e 7 derrotas tras as 16 xornadas disputadas, para colocarse no posto 16 da táboa clasificatoria con 15 puntos na táboa, moi preto dos postos de descenso.

Rafa Casanova chegou ao CD As Pontes para dirixilo durante a tempada 2021-22 na que os terminaron salvado a categoría no grupo.

No comunicado do As Pontes, o club quixo agradecer os seus servizos ao técnico de Friol: “É de agradecer a incansable capacidade de traballo de Rafa, a súa impecable actitude en todo momento e o seu total e absoluta implicación desde o primeiro día ata o último que, por desgraza, non chegou cos resultados”, reza o comunicado.

O Club aínda non deu a coñecer quen será o encargado de substituír a Casanova no banco do Poboado. Respecto diso o club afirmou que: “A dirección deportiva está a traballar duro para atopar un substituto adecuado para o banco do Poboado».