Skip to main content
Abadín

Abadín celebrará o luns un pleno para atender varias demandas do PSOE

Por 24 Decembro, 2022Sin comentarios

O Concello de Abadín acollerá este luns un Pleno extraordinario, ás 11.30 horas, no que se tratarán diferentes cuestión solicitadas polo partido socialista.

A primeira cuestión será pedir un informe sobre o traballo que están a desenvolver os concelleiros do Partido Popular nas súas respectivas áreas.

“En todos os casos cando se lle realizaron preguntas por cuestións relacionadas directa ou indirectamente coas suas respectivas áreas de xestión encomendadas foi o propio alcalde o que contestou a elas, non permitindo que foran os propios concelleiros os que deran as oportunas explicacións”, explican dende o PSOE.

Explican, que segundo o Concello, Judith Anido Vigo é concelleira de Desenvolvemento Sostible, Jesús Cendán Seijo é concelleiro de Medio Ambiente, Germán Ramil Souto de Deportes e Patricia Fraga Requeij de Benestar Social, “pero non tiveron nin unha soa comparecencia nos plenos”.

“Estes concelleiros están a cobrar un soldo público de todos nós. Unha con dedicación absoluta de máis de 22.000 euros ó ano, outros con dedicacións parciais de 6.600 euros anuais e outro 100 euros á semana por asistencia ás Xuntas de Goberno. Teñen que darnos conta do seu traballo”, engaden.

“Por este motivo solicitamos no primeiro punto e en aras de transparentar e coñecer algo do que fan nas suas áreas mencionadas solicitamos que o pleno acorde que os concelleiros responsable de cada área de goberno comparezan en pleno para dar explicacións dos seus traballos”, conclúen.

Tamén reclaman información sobre dúas mocións que deixaron sobre a mesa para o seu posterior estudo. Trátase das mocións sobre a recollida de lixo nos lugares de Samordás e Bicos así como a retransmisión dos plenos. “A pesares de presentar preguntas para saber en qué estado se encontran estás mocións non obtivemos resposta algunha”, din.

Por outra banda, o PSOE solicitará información sobre os retrasos no pago das súas dietas de asistencia a plenos. “Algo non menos grave que está ocurrindo reiteradamente nestes dous últimos anos é o seu proceder vengativo ca oposición, e os feitos están ahí, dende o mes de xaneiro non paga as dietas dos plenos á oposición, debe pensar o Sr. Alcalde e os seus concelleiros complices que con 98 euros cada dous ou catro meses xa se vive, en tal suposto estaríamos ante unha conducta antidemocrática, propia dunha persoa ruín e vengativa, porque utiliza a institución do Concello como medio para vengarse da labor da oposición”, afirman. Ademais, aseguran que os concelleiros do PP si cobran as dietas puntuais por asistir todas as semanas ás Xuntas de Goberno.