Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

O CIN de Bretoña decida as actividades do mes de decembro aos nenos e o Nadal

Por 15 Decembro, 2022Sin comentarios

As últimas actividades do CIN de Bretoña prepara antes de dar paso ao 2023 terán lugar os días 18 e 23 de decembro. Despois de varias propostas ao longo do 2022, chega o mes de decembro, dedicado especialmente aos nenos e nenas e á celebración do Nadal e do final de ano.

O sábado 23, ás 11.30, Bretoña prepará a praza para o Nadal con decoracións feitas a man. O taller comezará coa elaboración das decoracións no centro e despois todos xuntos adornarán a praza principal da vila. Esta actividade estaba prevista para o día 10 pero tivo que ser adiada.

A segunda actividade farase xa o 18 de decembro as 11:00 no centro. Baixo o nome Que pasou no 2022? nenos e nenas de entre 10 e 18 anos poderán gravar o seu propio programa de radio e noticiario de información. O tema serán os grandes descubrimentos en historia e arqueoloxía que ocorreron no ano 2022, pero tamén recordar os aniversarios máis importantes nesta materia, como por exemplo, o centenario do descubrimento da tumba do faraón exipcio Tutankhamón.

As actividades son gratuítas pero é necesario inscrición previa (salvo a inauguración). Podes facela achegándote o CIN de Bretoña (praza do Campo da Igrexa, Bretoña), a través do teléfono (636 836 250), mail (cinbretona@gmail.com) ou Instagram (@cinbritonia).

O centro abre as súas portas de venres a luns de 11:00 a 19:00. A entrada é gratuíta e pódese visitar libremente ou coa súa visita guiada. Ofrece un percorrido pola historia da rexión con especial atención ao inicio da idade media en Bretoña e a diocese britoniense, pero tamén conta cunha interesante colección de fotografía antiga e cos restos materiais obtidos nas escavacións do Castro de Saa, na parroquia pastoricense de Baltar.