Skip to main content
As Pontes

Cohempo convoca un ano máis o concurso de decoración de fachadas

Por 14 Decembro, 2022Sin comentarios

Chega o mes de decembro e con el unha nova edición do Concurso de Decoración de Nadal organizado pola Asociación e Comerciantes, Hostaleiros e Empresarios ponteses (Cohempo).

O colectivo convocou xa ao concurso no que hai de prazo ata o día 16 de decembro para inscribir no correo electrónico cohempo@cohempo.es. A valoración das fiestras por parte do xurado será entre os días 20 e 23 de decembro.

Poderán participar persoas de calquera idade residentes dentro do termo municipal das Pontes pero a solicitude terá que ser presentada por unha persoa maior de 18 anos. Unha única candidatura por persoa participante.

Establécense tres categorías, casas, edificios e clubs e asociacións con premios de 250, 150 e 100 euros. Na categoría casas repartiranse tres premios para as mellores fachadas, outros tres para xardíns e tres máis para casas e xardíns de forma conxunta. Na de edificios de vivendas haberá dúas subcategorías con tres premios de tamén (fiestas e balcóns e outra de portas). Finalmente, na de clubs e asociacións, haberá un único premio de 300 euros.