Skip to main content
Xove

O Concello de Xove reparte aos veciños un calendario como agasallo

Por 4 Xaneiro, 2023Xaneiro 5th, 2023Sin comentarios

O Concello de Xove vén de repartir a todos os seus veciños o Calendario do ano 2023 como agasallo polas festas de Nadal e para comezar o ano.

O almanaque inclúe este ano fotos do fotógrafo xovense Emilio Pérez e “para completalo recurrimos ao libro ‘A fonte da vida longa’ editado a finais dos anos oitenta e no cal os alumnos do Colexio Público de Xove recolleron unha serie de lendas populares baixo a coordinación de Marica Campo e Xosé González “Chema””, dixo o técnico de cultura, Mario Eijo. Ademais conta coas acuarelas de Xoan Guerreiro.