Skip to main content
Xove

O Concello de Xove repartirá 4.910 euros en premios do desfile de Entroido

Por 25 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello presenta o programa definitivo do Entroido 2023 que destaca porque o venres 17 de febreiro haberá un baile infantil de disfraces amenizado polo disco móbil Conxuro.

sábado 18 de febreiro desenvolverán as actividades centrais do Entroido e que comezarán ás 17.00 horas co desfile polas rúas de Xove, con saída da contorna do Campo Municipal de Fútbol e chegada ao Centro Cívico. Durante o desfile e ao remate do mesmo contarán coa amenización e actuación da Mekánika Rolling Band.

Unha vez rematado o desfile e a actuación da Mekánika Rollíng Band, haberá festa rachada no pavillón ata altas horas da madrugada. Esta festa, que vai ser tamén un baile de disfraces, vai ser amenizada primeiro pola disco móbil Conxuro.

No intermedio entregaranse os premios infantís do desfile e despois será a actuación do grupo Fénix, e despois farase a entrega dos restantes premios na  categorías adultos do desfile. A festa continuará no pavillón ata altas horas coa disco móbil. Os premios serán entregados en metálico ao remate do gran desfile.

  Para participar será necesario a previa inscrición no Concello, na oficina do Técnico de Cultura ata o venres 17 de febreiro incluído, ou ben, chamando por teléfono ao 982 592 001.

Tamén o mesmo día do desfile, o día 18 de febreiro, no punto de saída ubicado na nave-almacén situada ao carón do Campo Municipal de Fútbol, dende as 15.00 ata as 16.30 horas. Dende as 16.30 ata as 17.00 horas non se permitirá ningunha anotación máis, e só se poderán recoller os dorsais daqueles que se inscribirán con anterioridade via telefónica ou presencial.

O Concello ten previsto que  todos os  participantes a nivel individual, como parella,  grupo, comparsa/grupo ou carroza que se inscribiran previamente no desfile reciban un agasallo de parte da organización. Os que se inscriban o mesmo día do desfile non terán dereito a este agasallo. O agasallo se lles entregará ao final do desfile, entregando o ticket facilitado previamente pola organización.

O gran desfile de Xove vai repartir 4.910 euros en premios, recollidos nas diferentes categorías, e ademais haberá un agasallo para o disfraz máis orixinal, ao conxunto máis numeroso, ao participante máis maior e ao participante máis novo.