Skip to main content
Lugo

Lugo terá representante no certame estatal de tapas

Por 9 Xaneiro, 2023Xaneiro 10th, 2023Sin comentarios

O Concello de Lugo e a súa Área de Turismo respaldarán a presenza do representante lucense no Campionato oficial Hostalería de España Tapas e Petiscos 2023, que se celebrará os días 23 e 24 de xaneiro no Congreso Internacional de Gastronomía Madrid Fusión, así o anunciou Maite Ferreiro.

A tapa do restaurante Nadela será a que represente á Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo. Este restaurante, do cal é xerente Nacho Rodriguez,  foi o gañador do xurado técnico no certame de tapas de Lugo con Canelón de polo de curral co seu zume e cogomelos de tempada.

Ese establecemento competirá con outros gañadores dos seus respectivos concursos de tapas e petiscos convocados polas asociacións provinciais. No concurso estatal terá 30 minutos para a elaboración íntegra e emplatado da tapa, como o resto de participantes no certame. Maite Ferreiro e Cheché Real mantiveron unha xuntanza para estudar os pormenores deste encontro no que Lugo estará representado.