Skip to main content
Lugo

O colexio da Ponte continúa cos traballos de limpeza e sen alumnos

Por 20 Xaneiro, 2023Xaneiro 21st, 2023Sin comentarios

Tras a mellora da situación meteorolóxica e a diminución do caudal do río ao seu paso polo termo municipal de Lugo o colexio da Ponte comezou o proceso de limpeza para poder acoller aos alumnos canto antes. No día de onte a empresa concesionaria do servizo de limpeza de edificios municipais levou a cabo un dispositivo especial para mellorar o estado do colexio que resultou moi afectado pola crecida do Miño.

O tenente de alcaldesa, Miguel Fernández, deu conta de que “ un operativo de reforzo, composto por seis persoas a maiores da quenda habitual, cos equipos técnicos necesarios, intensificará as tarefas de aseo e limpeza deste centro educativo para tratar de que o colexio quede en condicións adecuadas”

Hoxe, venres, o colexio continúa sen alumnos mentres que os traballos de limpeza e recollida de todo o material se manteñen tras un temporal que deixou mais de quince centímetros de auga nas aulas. Ademais tamén será necesario o arranxo dunha parte do sistema de calefacción dun dos edificios do colexio que quedou danada pola auga.

Dende o colexio esperan poder abrir de novo as súas portas o vindeiro luns mentres dende o centro continúan os traballos de limpeza e recollida para que o alumnado atopen as aulas nas mellores condicións posibles.