Skip to main content
Monterroso

Monterroso acolle a presentación do sexto número de Cairón

Por 12 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Monterroso acolle o vindeiro sábado 14 de xaneiro ás 19.00 horas a presentación do sexto número de Cairón. Boletin do Instituto de Estudos Ulloáns.

A presentación terá lugar no salón de actos do Centro Sociocultural coas intervencións da alcaldesa de Monterroso, Rocío Seijas; do director do IEU, Francisco Pardo Teijeiro; do director de Cairón, Daniel Salgado; do xornalista Fernando Salgado; e do poeta Arturo L.Regueiro.

O xornalista Daniel Salgado é autor do editorial e a escritora e ecoloxista Adela Figueroa Panisse da unha visión da natureza da Ulloa no artigo A Ulhoa. Cerna da Galiza, face o câmbio climático. Por outra banda o consultor ambiental Xurxo Mouriño lémbranos a gran riqueza natural da Finca de Quintas en  Que se sabe dos valores naturais da Finca de Quintas en Palas de Rei? Unha escolma do seu especial interese na conservación da biodiversidade.

En Patrimonio J. Ramón Cisneros Pérez, Vera Fernández Suárez e Susana Varela Negro mostran o valioso patrimonio da Ulloa en Fortalezas e Pazos da Ulloa: da historia á palabra. Unha proposta de ruta histórico-literaria.

En Persoeiros o historiador Francisco Pardo Teijeiro relaciona o Castelo de Pambre e a fortaleza de Sober no artículo Maior de Ulloa e Diego de Lemos, e Rosa Mª Livia Vázquez García lémbranos a un prezado persoeiro palense en Polos pelerinaxes da nosa historia: de Ourense a Palas de Rei, o boticario e alcalde de Palas Avelino García Armesto.

O xornalista Fernando Salgado aporta un excelente artigo de investigación sobre persoeiros de Monterroso titulado O fidalgo e o poeta: os irmáns Salgado López na construción da vila de Monterroso no apartado de historia e por último no apartado de creación cóntase cos poemas de Xosé Luís Santiso e Arturo López Regueiro. Pecha o índice de Cairón nº6 a Memoria de actividades do IEU elaborada por Francisco Pardo.