Skip to main content
Comarca RIBEIRASACRAXA

A Ribeira Sacra foi posta en valor na Feira Internacional de Turismo

Por 19 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Na Feira Internacional de Turismo, Fitur, que se está a celebrar estes días (do 18 ao 22 de xaneiro) a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro destacou o papel da Ribeira Sacra como o exemplo dun modelo de turismo sostible e de calidade pola súa paisaxe, patrimonio, historia, riqueza vitivinícola e termal.

Explicou, na súa intervención, que este enclave natural demanda un Plan de Sostibilidade Turística en Destino para posibilitar un desenvolvemento planificado que implique á poboación e ao territorio na creación de novos produtos e na consolidación da Ribeira Sacra como destino turístico.

Este plan da Xunta, segundo resaltou, tradúcese en actuacións orientadas ao control e á diversificación de fluxos turísticos, así como á posta en marcha dunha mobilidade sustentable e respectuosa co entorno, aspectos clave desenvolvidos neste último ano polo Goberno galego.

Segundo sinalou a titular de Turismo na súa intervención, “sabemos que xunto co Camiño e a nosa gastronomía, o noso patrimonio e cultura, o turismo termal é un activo singular” e destacou que tanto este como o patrimonio da Ribeira Sacra son “puntais que encaixan á perfección co modelo de calidade, seguro, natural e de espazos abertos que despunta con forza actualmente”. 

Posta en valor dos produtos da Ribeira Sacra

O aceite de oliva virxe extra (AOVE) de Quiroga forma parte dos produtos que presenta a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) na Feira de Turismo de Madrid, FITUR.