Skip to main content
Carballedo

O ‘I Concurso de decoración de nadal en exterior’ de Carballedo xa ten gañadores

Por 10 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Carballedo organizou o ‘I Concurso de decoración de nadal en exterior’, que xa ten gañadores, para impulsar e poñer en valor o municipio mediante a participación dos seus habitantes nunha actividade en que tiñan que decorar as súas vivendas e mandar unha foto nocturna das luces acendidas ao correo do Concello.

Desde o seu inicio, o 25 de novembro, e ata un mes despois, ata o 26 de decembro, os cidadáns de Carballedo tiveron tempo para decorar, ilustrar e mostrar as súas casas cheas de luces e decoracións orixinais, coa obriga de que estas estiveran dentro do municipio, non valían de fóra.

Valía fotografar fachadas, xardíns, garaxes, balcóns, portas… O que importaba era mostrar o espírito navideño en Carballedo e conseguírono. Tres foron as persoas que alcanzaron o éxito grazas aos votos do público en Facebook, que elixiron as súas fotografías; pero o Concello quixo agradecer tamén a “boa participación dos veciños nesta iniciativa”.

Agora, os premiados teñen que pasar pola Casa do Concello a recoller os seus agasallos, que consisten en tres lotes de produtos gastronómicos de calidade valorados en 325 euros.