Skip to main content
Abadín

Os Reis Magos visitarán o centro de día e recibirán tamén aos pequenos en Abadín

Por 5 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Abadín contará hoxe na programación de Nadal co seu prato forte, a visita dos Reis Magos. A primeira parada da comitiva será no centro de día, onde visitarán aos maiores, aos que entregarán un agasallo e que será ás 15.00 horas.

Unha vez rematada esta visita, sobre as 16.30, achegaranse ata o Concello para facer a recepción oficial de todos os pequenos, aos que entregarán o seu agasallo e tamén recollerán peticións para entregar durante a noite nos fogares.

A cabalgata é xa unha tradición en Abadín, xa que todos os pequenos empadroados reciben una agasallo nesta tarde tan especial.