Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Os veciños de Viladonga están convocados a unha nova xuntaza sobre a concentración parcelaria

Por 15 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Segundo acordaron a Xunta e o Concello de Castro de Rei estase a proceder á elaboración das bases no caso do proceso de concentración parcelaria en Viladonga, para identificar os propietarios  e parcelas implicadas. Decretada o ano pasado, cabe sinalar que esta parcelaria abrangue unha superficie de 632 hectáreas. 

Debido a esto, o Servizo de Infraestruturas da Xunta de Galicia convocou aos propietarios e demais titulares a unha asemblea informativa na que se explicarán os detalles sobre a fase de investigación da propiedade, que se iniciará a comezos do 2023.

Esta xuntanza terá lugar o día 20 de xaneiro, venres, ás 11.00 horas no local social da Comunidade de Montes de Viladonga.