Skip to main content
Axenda CaducadaFriolFriol TERRACHÁXA

Friol acolle unha charla coloquio sobre emprendemento no rural

Por 16 Xaneiro, 2023Sin comentarios

O centro sociocultural de Friol acolle este martes, 17 de xaneiro unha charla coloquio sobre emprendemento no rural. A sesión dará comezo ás 18.00 horas e terá un aforo limitado a 80 persoas.

A sesión, conducida por María Nieto, céntrase nas iniciativas empresariais postas en marcha por mulleres no ámbito rural.

Así estarán presentes Nuria Varela-Portas, xerente do Pazo de Vilane, e Carmen Lence, conselleira delegada de Río de Galicia.