Skip to main content
A Pastoriza

Finaliza a renovación do pavillón polideportivo da Pastoriza

Por 16 Xaneiro, 2023Xaneiro 17th, 2023Sin comentarios

Remataron as obras de mellora no pavillón polideportivo da Pastoriza postas en marcha pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello da Pastoriza.

As actuacións incluíron a instalación dun pavimento sintético e adaptado á diversidade da práctica deportiva que se ven desenvolvendo na pista,  que se redefiniu para facilitar o acceso do público ás bancadas superiores. Tamén se fixeron melloras nas escaleiras e nas bancadas, ademais de poñer redes de protección tras as porterías.

A tenente alcalde da Pastoriza, Elva Carrera, explicou que “este investimento permitiunos renovar unhas instalacións moi empregadas para adestramentos e  competicións tanto de  deporte escolar como do futbol sala feminino, e tamén  por alumnado do colexio e veciñanza en xeral” e incidiu na necesidade de “corrixir algunhas deficiencias que o edificio viña arrastrando desde a súa construcción, como a ubicación da pista, con dúas columnas no fondo que dificultaban o acceso á grada”

O convenio contemplaba un investimento conxunto de 64.000 euros e financiou tamén a renovación do canalón da fachada, xa realizado por parte do Concello da Pastoriza.