Skip to main content
As Pontes

O Concello das Pontes recolle as árbores de Nadal para replantalas

Por 10 Xaneiro, 2023Sin comentarios

Unha vez rematado o período de Nadal, o Concello das Pontes pon a disposición de toda a veciñanza un servizo gratuíto de recollida de árbores de Nadal.

Todos aqueles veciños e veciñas que precisen que os servizos municipais pasen polo seu domicilio para recoller a árbore de Nadal deben solicitalo, desde o día 10 ao 13 de xaneiro, no número de teléfono 981 453 181 indicando o seu nome e enderezo.

Unicamente poderán ser entregadas árbores vivas con raíces. Poderán entregarse árbores que perderan as follas sempre que no estea completamento seca.

As árbores serán reprantadas en espazos públicos para o goce de toda a veciñanza.