Skip to main content
Barreiros

Barreiros presenta unha nova actividade, Venres de Ocio

Por 8 Febreiro, 2023Febreiro 9th, 2023Sin comentarios

Barreiros presenta unha nova actividade, Venres de Ocio, que está organizada por APNED, en colaboración co Concello, e dirixida a nenos de entre 6 e 14 anos. As actividades se desenvolveran no centro sociocultural de San Cosme.

Estes talleres iniciaranse o 10 de febreiro e as prazas resérvanse por orde de inscrición. O prazo xa está aberto para reservar e so se solicitará a colaboración económica de 3 euros por neno para cubrir os gastos das manualidades.

Así, cada venres será diferente, alternando xogos de mesa, xogos tradicionais e clásicos, actividades deportivas, manualidades e cine.