Skip to main content
Burela

O Monte Castelo contará cun panel informativo realizado polos artistas locais Belén Mogo e Martín Lestao

Por 2 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Monte Castelo contará cun panel informativo realizado polos artistas locais Belén Mogo e Martín Lestao. O rexedor burelés explicou que “estamos a recuperar un cartel que había na área recreativa do Monte Castelo, que era informativo pero tamén unha expresión artística e foi derrubado por un vehículo que tropezou con el e desfíxoo practicamente na súa totalidade. Entón decidimos recuperalo e vai ser novo, pero tamén artístico e levará información do que se pode atopar no Monte Castelo”.

Llano subliñou que “é un traballo que xa comezou e non vai tardar moito tempo en rematarse. Penso que vai quedar moi ben alí esta obra de arte realizada por dous artistas locais, como son Belén Mogo e Martín Lestao, que xa lle están dando forma. Alí estivemos e penso que en pouco tempo vai estar rematada unha obra bonita e que lle dá singularidade a toda esa zona. Así que esperemos que en pouco tempo poidamos desfrutala”.