Skip to main content
Viveiro

Por Viveiro concurrirá por segunda vez ás eleccións municipais

Por 6 Febreiro, 2023Sin comentarios

O grupo municipal Por Viveiro concurrirá ás vindeiras eleccións do 28 de maio. Así o anunciaron nas súas redes sociais nunha visita ao barrio da Xunqueira.

“Eleximos Xunqueira non por casualidade, senon porque reflexa o abandono do PP e do PSOE en Viveiro”, dixo Bernardo Fraga, voceiro, “catro anos despois da riada, ningunha solución, e así con todo”, engadiu Manuel Galdo.

“20 anos de PP e 20 anos de PSOE, deben de dar paso a un cambio urxente e necesario. Nós damos un paso adiante, e queremos escoitar e invitar a participar á veciñanza, con valentía, sen ataduras”, engadiu Fraga.

Así, organizan este xoves 9 ás 20.00 horas no Conservatorio un encontro no que falarán de todas as cuestións que lles preocupan do municipio viveirense.